Nem vált be? Semmi gond! Nálunk 30 napon belül visszaküldheti
Ajándékutalvánnyal nem nyúlhat mellé. A megajándékozott az ajándékutalványért bármit választhat kínálatunkból.
30 nap a termék visszaküldésére
Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor detodas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha«nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas etradicionais». Suso pú?ase tolo, saído como un can, cando mirabamoverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dunindividuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que,lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novelasaiba ben como, se lle filtrou no maxín. E, aínda que non é agradable -nin sequera na ficción- tratar cun seramoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, aoconstruílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar derir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica socialdesde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polohumor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relatointelixente e literario. Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaboradaa través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.