Nem vált be? Semmi gond! Nálunk 30 napon belül visszaküldheti
Ajándékutalvánnyal nem nyúlhat mellé. A megajándékozott az ajándékutalványért bármit választhat kínálatunkból.
30 nap a termék visszaküldésére
Cara a unha poética Feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán é unhasinxela contribución á grande homenaxe que, cremos, merecería aescritora e a cidadá María Xosé Queizán. Con ela, alén de mostrarlle o noso afecto e a nosa empatía, pretendemos dialogar coa súa obraliteraria e coa súa posición feminista a través de diferentesaparellos analíticos, incrementando o capital, xa en por siimportante, de autores e autoras que te?en deitado a súa ollada sobrea súa obra e sobre o seu discurso teórico. Herdeira dunha tradiciónque mestura galeguismo e progresismo, María Xosé Queizán non foiallea, como é sabido, á gran revolución socialista e feminista do noso tempo. Desde moi cedo, a conciencia da inxusta situación social, dasubalternidade das mulleres na sociedade patriarcal e da represión que sufrían a lingua e a cultura do seu País foron para ela os motoresque, pasi?o a pasi?o, puxeron en marcha o seu traballo, sen que ningún día deixase de ser o primeiro dun futuro mellor para a humanidade.