Nem vált be? Semmi gond! Nálunk 30 napon belül visszaküldheti
Ajándékutalvánnyal nem nyúlhat mellé. A megajándékozott az ajándékutalványért bármit választhat kínálatunkból.
30 nap a termék visszaküldésére
En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, aconstatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz. Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida polabeleza, e constitúese nun itinerario transformador, que estimula nopoeta a interrogación e procura «buscar algo que amar. Facer da viaxemorada». A través das páxinas de Caderno do Nilo percíbese unha viaxepoética ao tempo e simultaneamente unha estadía fóra do tempo que serelambe na aprendizaxe, na frescura da pedra fría que foi fogar dosdeuses, e que permite habitar desco?ecidos desertos que agochamos nonoso interior. Só na megápole do Cairo aparece o cotián, convivindo opasado, o presente e o futuro nun corpo vivo con feridas e cicatrices. Logo da viaxe, o poeta resulta transformado porque o Nilo queatravesa o deserto sedimenta na súa alma un desexo de nudez.