Nem vált be? Semmi gond! Nálunk 30 napon belül visszaküldheti
Ajándékutalvánnyal nem nyúlhat mellé. A megajándékozott az ajándékutalványért bármit választhat kínálatunkból.
30 nap a termék visszaküldésére
A década 1860-1870 é o período acoutado para analisar a participación da muller escritora, concretamente na prensa galega. Máis unha vez comprobamos canto descoñecemos sobre o país. Resulta chamativo o rigor na investigación realizada nas hemerotecas, e a capacidade para avaliar a escrita das respectivas escritoras, tanto en relación coa temática da emancipación das mulleres como na da reivindicación da Galiza. Visto o conxunto, resulta ainda máis relevante a singularidade do esforzo dunha muller como Rosalia de Castro, un caso estraño, que se decide a ir máis alá, como moi ben avalia Celia Ma Armas García. Nen aceitou resignada permanecer dentro da temática permitida ás mulleres nen se limitou a praticar o código lingüístico oficial e dominante.