Nem vált be? Semmi gond! Nálunk 30 napon belül visszaküldheti
Ajándékutalvánnyal nem nyúlhat mellé. A megajándékozott az ajándékutalványért bármit választhat kínálatunkból.
30 nap a termék visszaküldésére
Obxectivo: estudio lingüístico dos nomes de persoa na Alta Idade Media en Galicia. As fontes son documentos éditos non literarios que abranguen un periodo cronolóxico do s. VIII ó XII. A recompilación dos datos foi feita despois de revisa-los documentos orixinal para corrixi-los erros de edición. O resultado final foron ó redor de 10.000 secuencias onomásticas, que incluían unhas 18.000 ocorrencias. Con este material analizouse o sistema de denominación persoal e a súa evolución: do uso dun nome único á aparición dun segundo nome, que podía ser patronímico (o nome do pai co engadido do sufixo -iz), nome tirado do léxico común (alcumes, hipocorísticos ou profesionais), nome de lugar ou étnico. Despois estudiouse a composición etimolóxica do corpus (prerromana, greco-latina, xermánica, árabe). Dáse tamén información estatística sobre estes aspectos. A continuación hai un diccionario con máis de 2000 entradas onde se ofrece estudio pormenorizado de cada voz. Inclúese, finalmente, unha relación das modificacións feitas ás fontes revisadas, de tódalas formas tratadas e da bibliografía.