Nem vált be? Semmi gond! Nálunk 30 napon belül visszaküldheti
Ajándékutalvánnyal nem nyúlhat mellé. A megajándékozott az ajándékutalványért bármit választhat kínálatunkból.
30 nap a termék visszaküldésére
As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP enGaliza (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións,restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional...) están enmarcadas nunhacorrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: aprecarización dos servizos sanitarios públicos e a definición deespazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, ocontrol da tecnoloxía sanitaria, etc.) que permitan a gruposempresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentospúblicos. Neste libro presentamos un conxunto de textos decarácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coapretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas acabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou opoder na Xunta de Galicia. Trátase dunha achega seria, documentada e rigorosa, mais non imparcial, pretendemos achegar argumentos eanálises que sexan útiles -aos cidadáns e ás organizacións políticas,sindicais e profesionais- para comprender as estratexias postas enmarcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave riscoque representan para o futuro inmediato da sanidade pública. Estelibro poderá ser útil, tamén, ás plataformas para a defensa dasanidade pública que, nos últimos tempos, están traballando en toda axeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos,elementos clave do estado do benestar.